Decreto 222/2022, do 7 de decembro, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Inicio da tramitación: 29/03/2021
Data da publicación no DOG: 11/01/2023
Obxecto: regular o procedemento de selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dependentes da consellería competente en materia de educación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás dos centros integrados de formación profesional.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG