Decreto 87/2022, do 19 de maio, polo que se regulan as condicións e os requisitos para a preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación nas oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 08/03/2021
Data da publicación no DOG: 07/06/2022
Obxecto: este proxecto de decreto ten por obxecto regular as condicións e os requisitos necesarios para a preparación e entrega de Sistemas Personalizados de Dosificación por parte das oficinas de farmacia de Galicia a aqueles/as usuarios/as que o desexen. Para tal efecto, aquelas oficinas de farmacia que queiran prestar o servizo deberán presentar previamente o correspondente documento de declaración responsable, incluído como anexo ao decreto.
Regúlanse tamén nel outros aspectos relativos ao proceso, tales como os requisitos que deben cumprir as oficinas de farmacia que preparen e entreguen estes SPD, as responsabilidades do persoal farmacéutico implicado no proceso, ou as condicións de preparación e entrega daqueles, entre outros.
Esta disposición regulamentaria dítase en desenvolvemento do previsto no artigo 13.d) da Lei 3/2019, do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 35