Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2020, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao ano 2021

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 08/03/2021

Data da publicación no DOG: 26/03/2021

Obxecto:

o obxecto da norma consiste na ampliación do prazo establecido para a xustificación e avaliación polos concellos da execución do proxecto anual de servizos sociais municipais correspondente ao exercicio 2020 e para a presentación do proxecto anual de servizos sociais municipais para o ano 2021.

A necesidade de actualizar a aplicación informática a través da que se presentará a documentación xustifica a ampliación do prazo.

O prazo establecido do 31 de marzo da presente anualidade, en virtude da presente disposición, ampliarase ata o día 30 de abril de 2021, incluído.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1