Decreto 52/2022, do 28 de abril, polo que se crea e regula o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral para o Deporte

Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte

Inicio da tramitación: 21/04/2020

Data da publicación no DOG: 11/05/2022

Obxecto: desenvolver a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia con respecto ao ámbito regulador do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia. O decreto conta de 21 artigos, unha disposición adicional, unha transitoria e dúas disposicións derradeiras.

No título preliminar establécense as disposicións xerais, determinándose o obxecto, ámbito de aplicación, contido e finalidade, natureza xurídica e adscrición, definicións, soporte e custodia, e a cooperación administrativa e deberes de colaboración.

No título I, que se divide en dous capítulos, regúlanse a estrutura e a inscrición, no capítulo I, e a publicidade e acceso á información contida no rexistro, no capítulo II.

Na disposición adicional regúlase a inscrición das instalacións deportivas dos centros docentes públicos e mediante disposición transitoria regúlase a inscrición de oficio de instalacións recollidas na Plataforma Galicia Saudable.

Nas disposicións derradeiras disponse a habilitación normativa para o desenvolvemento do decreto e a súa entrada en vigor.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG