Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Ordenamento Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Inicio da tramitación: 01/10/2020

Data da publicación no DOG: 26/02/2021

Obxecto: o obxecto deste proxecto de orde é a modificación do anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, co fin de incorporar novos modelos silvícolas ou de xestión forestal sustentables, así como engadir un novo campo caracterizador do nivel ou grao de intensidade de xestión que conleva a aplicación de cada modelo e a inclusión da avaliación do grao de resiliencia dos modelos propostos.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 4