Decreto 171/2020, do 1 de outubro, polo que se crea a especialidade en dietética dentro da categoría estatutaria de técnico/a especialista do Servizo Galego de Saúde

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de RR. HH. do Servizo Galego de Saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Inicio da tramitación: 01/06/2020

Data da publicación no DOG: 15/10/2020

Obxecto: o decreto ten por obxecto a creación da especialidade de dietética dentro da categoría estatutaria de técnico/a especialista do Servizo Galego de Saúde, en base á habilitación contida no artigo 15.1 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como regular o seu réxime xurídico, réxime de acceso, funcións e dotación de cadro de persoal.

Poderán acceder a esta especialidade todas aquelas persoas que estean en posesión do título de técnico/a superior en dietética ou calquera outro declarado equivalente, previa superación do correspondente proceso de selección, tras o cal adquirirán a condición de persoal estatutario fixo da especialidade.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG