Orde do 15 de outubro de 2020 pola que se modifican a composición e o funcionamento da Comisión galega para a avaliación do manexo da tuberculose resistente a fármacos

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Saúde Pública

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

Inicio da tramitación: 22/06/2020

Data da publicación no DOG: 27/10/2020

Obxecto: o obxecto da presente orde é regular a composición e o funcionamento da Comisión galega para avaliación do manexo da tuberculose resistente a fármacos, como órgano encargado de asegurar que os casos de tuberculose resistente a fármacos sexan controlados de maneira altamente eficaz, coa finalidade de evitar que sexan transmitidos a outras persoas e garantir o adecuado tratamento das persoas enfermas, co fin de adaptala á situación actual da tuberculose en Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG