Decreto 62/2020, do 8 de abril, polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local Illas de San Pedro (A Coruña)

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 06/02/2020

Data da publicación no DOG: 28/04/2020

Obxecto: tendo en conta o establecido no artigo 4 do Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural, o presente proxecto de decreto ten por obxecto a aprobación do Plan de conservación do ENIL "Illas de San Pedro", declarado de forma provisional o 2 de novembro de 2017, aprobación necesaria para a súa declaración definitiva.

AVISO: as suxestións deberán enviarse a partir do día 7 de febreiro (incluído).

Estado actual: aprobada e publicada no DOG