Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Departamento:
Consellería de Cultura e Turismo - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Inicio da tramitación: 25/11/2019
Data da publicación no DOG: 04/08/2020
Obxecto:
a declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como ben de interese cultural supuxo unha ferramenta para o recoñecemento, a protección e a difusión dos valores dun amplo territorio nas ribeiras do Miño e do Sil.
A creación dunha comisión interdepartamental permitirá unha planificación e avaliación das accións que corresponden a diferentes ámbitos da política sectorial da Xunta de Galicia e de todos os axentes competentes e implicados, tanto as administracións públicas como as persoas que residen ou teñen intereses culturais, sociais ou económicos na zona, establecendo unha canle de comunicación permanente.
O decreto de creación da Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra ten por obxecto definir os obxectivos desta comisión e a súa forma de funcionamento.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 2