Órgano ou entidade tramitadora:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC)
Departamento:
Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Inicio da tramitación: 05/09/2018
Data da publicación no DOG: 08/07/2021
Obxecto:
o obxecto do presente proxecto de decreto é a creación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do Consello de Cooperación de Consumo de Galicia como órgano colexiado de coordinación, cooperación e participación entre a Administración autonómica e as entidades locais ao amparo do artigo 73 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
O Consello de Cooperación de Consumo de Galicia terá a consideración de órgano colexiado de carácter consultivo, asesor e participativo en materia de consumo e a súa finalidade será procurar a máxima coordinación, colaboración e participación entre a Administración autonómica e as entidades locais de Galicia naquelas materias que afecten a defensa e protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 2