Decreto 44/2021, do 28 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Mobilidade

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Dirección Xeral de Mobilidade

Inicio da tramitación: 24/07/2019

Data da publicación no DOG: 16/03/2021

Obxecto: trátase de incorporar os principios reitores da normativa de libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio que se prevén na Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, aplicable ao sector do transporte e enfocados a mudar o concepto de habilitación administrativa por outro que elimine regulacións innecesarias, estableza procedementos máis áxiles e minimice cargas administrativas, tendo en conta que se trata dun sector, o do transporte marítimo, que está liberalizado en Galicia desde a entrada en vigor da mencionada Lei 2/2008. Deste xeito, o deseño dun procedemento de inscrición que reduza as cargas administrativas para as entidades interesadas resulta especialmente aconsellable, e permitirá cumprir con maior eficacia o obxectivo de protexer os dereitos das persoas consumidoras e usuarias que establece a devandita lei.

Por outra banda, pretende adaptarse a tramitación administrativa ao previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no que se refire á tramitación electrónica do procedemento.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3