Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Saúde Pública
Departamento:
Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Inicio da tramitación: 17/10/2019
Data da publicación no DOG: 27/10/2022
Obxecto:
- A creación e regulación do Rexistro de augas de baño de Galicia, a través da inscrición dos puntos de mostraxe das mesmas.
- O establecemento do procedemento para altas e baixas do citado rexistro.
- O desenvolvemento e a adaptación dos criterios sanitarios que deben cumprir as augas de baño que teñan a súa localización na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de protexer a saúde humana dos efectos adversos derivados de calquera tipo de contaminación.
- O establecemento das medidas de vixilancia da calidade sanitaria das augas de baño.
- O establecemento das competencias e responsabilidades das autoridades sanitarias autonómicas e locais.
Ámbito de aplicación: as augas de baño e as súas praias que estean localizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG