Decreto 98/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorización da celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Inicio da tramitación: 29/07/2019

Data da publicación no DOG: 14/07/2020

Obxecto: este decreto ten por obxecto regular o procedemento para autorizar a celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 4.a) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

O regulamento pretende acadar un marco normativo adecuado á realidade da sociedade actual conforme cos novos parámetros sociais e culturais, atendendo á xeneralización nos últimos anos das actividades de ocio e tempo libre relacionadas coa práctica deportiva, cuxa celebración adoita afectar ao uso das vías públicas e, por tanto, son  moitos os organismos potencialmente implicados no seu desenvolvemento, todo iso sen esquecer a importancia social e económica do sector relacionado con este tipo de actividades.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1