Decreto 9/2020, do 23 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 78/2018, do 26 de xullo, polo que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral para o Deporte
Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte
Inicio da tramitación: 31/07/2019
Data da publicación no DOG: 05/02/2020
Obxecto: a Lei 3/2012 do 2 de abril, no seu título VIII regula a actuación autonómica en materia de prevención e de loita contra a dopaxe no deporte, recollendo no seu artigo 129 a política de loita contra a dopaxe e de prevención correspondéndolle á Administración autonómica o establecemento, o seguimento e o control da política de loita contra a dopaxe e de prevención desta no ámbito da Comunidade Autónoma.
No seu título VIII regula a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe como un órgano administrativo adscrito ao organismo autonómico competente en materia deportiva, con competencias en materia de defensa da saúde do deportista e de prevención e control da dopaxe no ámbito da Comunidade Autónoma. A través do Decreto 78/2018, do 26 de xullo (DOG Nº. 151 do 8 de agosto), regúlase a súa composición e o funcionamento.
Con relación á composición actual da Comisión, considérase necesario dotala de tódolos instrumentos óptimos para o desenvolvemento das tarefas encomendadas (art. 130 da Lei 3/2012), considerando que neste momento algúns sectores deportivos de Galicia non están contemplados na composición desta Comisión. Deste xeito, entre eses posibles sectores non representados actualmente, estarían o colectivo de Licenciados/as en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, tendo en conta que resultan unha peza fundamental en canto ás funcións atribuídas a esta Comisión, principalmente con relación a propoñer programas e actuacións ao obxecto de promover e procurar que a actividade deportiva realícese en condicións adecuadas de salubridade e seguridade, así como a promover accións formativas e informativas con respecto aos valores da práctica deportiva sobre a saúde. En definitiva, considérase necesario contar entre as vogalías coa representación do colectivo de Licenciados/as en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia de gran importancia no armazón do deporte galego que acheguen a experiencia e a visión dun colectivo fundamental á hora da proposta de iniciativas, medidas e actuacións nas competencias da Comisión.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG