Decreto 129/2023, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

Departamento: Consellería de Sanidade

Inicio da tramitación: 25/06/2019

Data da publicación no DOG: 18/09/2023

Obxecto: establecer unha nova regulación en materia de sanidade mortuoria, que recolla o contido da Guía de consenso da Comisión Nacional de Saúde Pública, a simplificación de trámites administrativos, o emprego de medios electrónicos, a actualización de formularios, e a creación dun censo de empresas e establecementos funerarios de Galicia, entre outros aspectos destacados.

Tamén recolle dentro do articulado o procedemento para regularización de cemiterios preexistentes, superando o carácter extraordinario co que aparecía na normativa anterior.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 9