Decreto 180/2020, do 22 de outubro, polo que se aproba o Plan de conservación do monumento natural Souto da Retorta, no concello de Viveiro, Lugo

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Inicio da tramitación: 15/05/2019

Data da publicación no DOG: 05/11/2020

Obxecto: O Souto da Retorta declarouse monumento natural mediante o Decreto 77/2000, do 25 de febreiro. Ademais, tanto o Souto da Retorta coma o eucalipto O Avó aparecen recollidos no Decreto 67/2007, do 22 de xaneiro, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras. Parte deste espazo, concretamente, 1,23 hectáreas, está incluído na zona de especial conservación ES1120012 Río Landro. A Lei 9/2001, do 2 de agosto, de conservación da natureza establece como instrumento de planificación para o monumento natural o plan de conservación; o devandito plan formularase como decreto pola Consellería de Medio Ambiente, que o someterá a información pública e audiencia dos/as interesados/as.

AVISO: As suxestións deberán enviarse a partir deste xoves 16 de maio.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1