Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Inicio da tramitación: 12/03/2019
Data da publicación no DOG: 12/07/2019
o obxectivo principal desta disposición é establecer un novo réxime de revisión dos prezos privados que percibe a Xunta de Galicia polos servizos prestados polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), baseado na non indexación de valores monetarios, sendo proposto un modelo de revisión no que se trasladen ao valor revisado exclusivamente as variacións dos custos da man de obra do persoal do centro, e en concreto as variacións experimentadas pola retribución do persoal ao servizo do sector público. Así mesmo, é igualmente interese da Consellería de Economía, Emprego e Industria poñer o LOMG a disposición do sector público autonómico, levando a cabo as súas actuacións mediante algún dos procedementos de colaboración indicados na Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
Co fin de poder implementar estas medidas procede a modificación da Orde pola que se fixan os prezos privados que percibe a Xunta de Galicia polos servizos prestados polo LOMG.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG