Orde do 24 de abril de 2019 pola que se crea a Comisión Galega de Vixilancia, Prevención e Control da Infección relacionada coa Asistencia Sanitaria e se establecen a súa composición, organización e funcionamento

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 27/12/2018

Data da publicación no DOG: 03/05/2019

Obxecto: as infeccións relacionadas coa Asistencia Sanitaria (IRAS) constitúen un dos riscos máis relevantes que poden afectar ás persoas durante a súa asistencia nun centro sanitario.

Na Recomendación do Consello de 9 de xuño de 2009, sobre a seguridade dos/as pacientes, en particular a prevención e loita contra as infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria, ínstase aos países membros a adoptar medidas para potenciar a prevención e o control das IRAS nos centros sanitarios. Na Estratexia do Paciente no S.N.S. e na Estratexia do Sergas 2020 prevese a necesidade de desenvolver un sistema de vixilancia e promover accións de prevención e control destas infeccións.

Por estes motivos, considérase prioritaria a creación dunha Comisión Galega de Vixilancia, Prevención e Control da Infección relacionada coa asistencia sanitaria.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG