Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Inicio da tramitación: 25/02/2019

Data da publicación no DOG: 14/10/2019

Obxecto: este decreto ten por obxecto aprobar, no marco do desenvolvemento normativo da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, un novo Catálogo que estableza unha regulación máis práctica e moderna, na procura de adaptar as diversas tipoloxías de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público á realidade da sociedade actual, tendo en conta a experiencia acumulada desde a entrada en vigor do Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, que aconsella unha reformulación acorde co disposto na devandita lei.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 10