Orde do 26 de marzo de 2019 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema de autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 25/02/2019
Data da publicación no DOG: 29/03/2019
Obxecto: o obxecto da norma consiste, no exercicio das competencias e con cargo aos seus orzamentos, abordar a regulación do incremento da contía da libranza para coidados no entorno familiar, a libranza de asistente persoal e a libranza vinculada á adquisición do servizo de atención residencial, dentro dos niveis de protección adicionais que lle corresponde á comunidade autónoma ao establecido pola Administración do Estado.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG