Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, polo que se crea e se regula o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 20/11/2018

Data da publicación no DOG: 14/03/2019

Obxecto: este proxecto de decreto ten por obxecto a creación e regulación dunha comisión interdepartamental en tanto que órgano colexiado de carácter consultivo, de estudo, coordinación, seguimento e asesoramento en materia de prevención e atención das condutas suicidas en Galicia.

Trátase dun regulamento de carácter meramente organizativo, polo que non precisa trámite de audiencia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG