Decreto 173/2019, do 26 de decembro, polo que se modifica o Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Sanidade
Departamento: Consellería de Sanidade
Inicio da tramitación: 10/09/2018
Data da publicación no DOG: 30/01/2020
Obxecto: a modificación pretende clarexar e modificar o contido do apartado 2 do artigo 4 do Decreto 204/2012 no que se establecen as empresas e os establecementos alimentarios que non serán obxecto de asento no Regasa.
Así mesmo, debido ao dinamismo das actividades comerciais, debe ser actualizado o Anexo III relativo á definición e clasificación das devanditas actividades, ben modificando a descrición dalgún código, ben incorporando novos códigos e descricións.
Modifícase a forma de presentación das comunicacións en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que recolle que as Administracións poderán, regulamentariamente, establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos (modifícanse os Anexos I e II).
Estado actual: aprobada e publicada no DOG