Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área
Órgano ou entidade tramitadora: Xerencia do Servizo Galego de Saúde
Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Inicio da tramitación: 15/05/2018
Data da publicación no DOG: 31/10/2018
Obxecto: a través da Lei 1/2018, do 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 9 de abril de 2018), introdúcese un novo artigo 26 bis, no que se regulan os “...consellos asesores de pacientes”, os que, de acordo co establecido no seu apartado 1, configúranse como órganos de participación das asociacións nas que se agrupan os pacientes. No apartado 2 do artigo 26 bis citado, prevese que “Nas áreas sanitarias existirán consellos asesores de pacientes de área como órganos de participación das asociacións nas que se agrupan os pacientes no ámbito territorial das respectivas áreas”. No artigo 68.2 da dita Lei establécense as áreas da Coruña e Cee; Santiago de Compostela e A Barbanza; Ferrol; Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; Pontevedra e O Salnés; e Vigo. Pola súa parte, o artigo 26 bis 3 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, determina que a composición e o funcionamento dos Consellos Asesores de Pacientes de Área farase mediante orde da consellería competente en materia de sanidade.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG