Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Inicio da tramitación: 14/05/2018

Data da publicación no DOG: 24/07/2018

Obxecto:

a orde regula no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a materia de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias, coa finalidade de harmonizar a presentación de solicitudes, tramitación e resolución do procedemento coa necesidade de garantir o acceso a este servizo por vía electrónica.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG