Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Inicio da tramitación: 08/02/2018
Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 21/03/2019
Data da publicación no DOG: 26/07/2019
Obxecto: a presente lei ten por obxecto regular a transición a un goberno e administración dixitais no sector público autonómico, procedendo non só a desenvolver a normativa básica estatal en materia de administración electrónica senón tamén a implementar e fomentar a adopción das medidas precisas para incorporar o potencial das novas tecnoloxías no deseño das políticas públicas, na modernización do sector público autonómico e o impulso da economía galega, coa finalidade última da prestación de servizos públicos dixitais de calidade.
Para estes efectos, a lei regula as relacións cos administrados e o funcionamento do sector público autonómico, incorporando as esixencias derivadas da regulación da administración electrónica. Regula, así mesmo, as infraestruturas dixitais do sector público autonómico e establece os órganos autonómicos con competencias en relación coa administración dixital.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 2