Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Administración Local

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Administración Local

Inicio da tramitación: 07/07/2017

Data da publicación no DOG: 01/12/2017

Obxecto:

o obxecto desta orde é establecer, no marco das competencias da Xunta de Galicia, e sen prexuízo da competencia das entidades locais galegas para seleccionar e propor o nomeamento de persoal interino de acordo co disposto no artigo 46 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios /as con habilitación de carácter estatal, unhas bolsas de traballo de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional na subescala de Secretaría-Intervención, Intervención-Tesourería categoría de entrada e Secretaría categoría de entrada.

As bolsas terán carácter autonómico, se ben se establecen zonas de preferencia, correspondentes coas catro provincias galegas. A forma de acceso ás bolsas será a do concurso-oposición.
 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG