Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 15/06/2017

Data da publicación no DOG: 04/01/2018

Obxecto: o obxecto da norma é a modificación, por unha banda, do réxime de descontos en relación ás familias de especial consideración; concretamente o devandito réxime de descontos ás familias numerosas aplicarase ás recoñecidas como familias monoparentais, definidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Por outra, recóllese a modificación dos prezos dos carnés de alberguistas que figuran no Anexo II da Orde do 1 de abril de 2016, concretamente a baixada dos prezos, de conformidade co acordado pola Red Española de Albergues Juveniles.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG