Orde do 4 de maio de 2017, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, pola que se aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Simplificación Administrativa

Inicio da tramitación: 03/04/2017

Data da publicación no DOG: 08/05/2017

Obxecto:

permitir a presentación de aquelas solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cunha sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, facilitando a realización de calquera trámite administrativo de forma electrónica nos casos de suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas Administracións públicas, e tamén para os casos daquelas persoas físicas que non estean obrigadas a relacionarse electronicamente coa administración e que opten por empregar esta vía.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG