Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 13/01/2017

Data da publicación no DOG: 06/04/2017

Obxecto: o proxecto da orde ten por obxecto a creación dun novo ficheiro de datos de carácter persoal denominado "Historia social única electrónica" no que constarán os datos derivados da prestación de servizos públicos relativos ao eido dos servizos sociais e da protección social á cidadanía por parte do sistema galego de servizos sociais e demais sistemas de protección, de conformidade co previsto no Decreto 89/2016, do 30 de xuño, de regulación da creación, o uso e o acceso á Historia social única electrónica e o disposto no artigo 16 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1