Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Comercio
Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Inicio da tramitación: 09/08/2016
Data da publicación no DOG: 20/01/2017
o proxecto de orde ten por obxecto a regulación do procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Co obxectivo de fixar unha estratexia que permita acadar a calidade, a excelencia e a modernidade dos nosos mercados e prazas de abastos, a Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan de Mercados Excelentes 2016 – 2020. Este Plan configúrase como unha folla de ruta a seguir polos nosos mercados e prazas de abastos de cara a conseguir a excelencia, incluíndo unha Guía de boas practicas, dirixida a ofrecer unha definición dos requisitos, servizos e metodoloxías que debe seguir un mercado para elevar os seus niveis de calidade e acadar así a excelencia. O selo de Mercado Excelente recoñecerá aos mercados e prazas de abastos de Galicia que obteñan a condición de excelente, logo de obter a puntuación mínima que acredite o cumprimento dos estándares fixados no Plan de Mercados Excelentes 2016 – 2020.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG