Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Departamento:
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Inicio da tramitación: 08/07/2016
Data da publicación no DOG: 12/09/2016
Obxecto:
A punto de cumprirse o 25º aniversario da entrada en servizo da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, resulta necesario crear unha serie de condecoracións como recoñecemento público a servizos meritorios de carácter extraordinario, que preste o persoal da, que tivesen lugar en beneficio da seguridade pública, así como tamén ao servizo continuado nesta unidade, garantindo o exercicio e o respecto dos dereitos e liberdades da cidadanía.
Co obxecto de outorgar o recoñecemento a esa actividade realizada polo persoal da Unidade, cando exceda con carácter extraordinario do seu normal cumprimento profesional, en beneficio da liberdade, seguridade e convivencia da cidadanía, ou tamén pola súa constancia e dedicación ao servizo dentro da propia unidade, créanse as condecoracións e distintivos de permanencia recollidos neste decreto.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG