Decreto181/2016, do 9 de decembro, polo que se modifica o Decreto 181/2010, do 21 de outubro, polo que se crea a Comisión Galega de Coidados Paliativos

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 16/06/2016

Data da publicación no DOG: 22/12/2016

Obxecto: na atención ás persoas que se encontran neste proceso de coidados paliativos deben estar comprometidos todos os profesionais dos recursos sanitarios e sociosanitarios de Galicia, o que fai necesario adaptar a composición da actual Comisión Galega de Coidados Paliativos, procurando que estean representados e implicados dentro dela os axentes sanitarios e sociosanitarios que teñen relación, non só cos doentes terminais e as súas familias, senón tamén ás persoas con enfermidade avanzada e complexa.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG