Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 03/06/2016
Data da publicación no DOG: 11/08/2016
Obxecto: O obxecto dese proxecto de decreto é a creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de demografía no ámbito de Comunidade Autónoma de Galicia que se adscribirá á Consellería de Política Social, así como a regulación das súas funcións, composición e réxime de funcionamento.
Dito órgano terá como finalidade facilitar o coñecemento pormenorizado da realidade demográfica galega, asesorar ás administracións públicas galegas para a inclusión da perspectiva demográfica no deseño e desenvolvemento das súas políticas e servir de foro de diálogo permanente entre as distintas administracións públicas e as organizacións representativas de intereses sociais e económicos, co fin de asegurar a súa participación activa na abordaxe dos desafíos derivados do cambio demográfico.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG