Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se crea e regula a carpeta persoal de saúde

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 27/05/2016

Data da publicación no DOG: 30/09/2016

Obxecto: trátase de dar sustento normativo a unha nova figura no eido das tecnoloxías da información como é a Carpeta Persoal de Saúde, que nace como un espazo de almacenamento persoal de información de saúde incorporada pola propia persoa usuaria ou paciente, ademais da xerada por dispositivos e aplicativos médicos de autocontrol, en ocasións proposta ou xerada a iniciativa dos propios servizos ou profesionais da saúde.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG