Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se aproba a Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Amtega

Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Inicio da tramitación: 06/05/2016

Data da publicación no DOG: 23/09/2016

Obxecto: Aprobar a Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Tal e como establece o artigo 5 do Decreto 11/2016, as características das infraestruturas de telecomunicacións e dos elementos que as conforman definiranse na Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións, que incluirá criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións, especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas, requisitos de instalación,procedementos de verificación, e documentación técnica necesaria, podendo incluír tamén outras indicacións con carácter de recomendación.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG