Decreto 127/2016, do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do fogar dixital nas vivendas de nova construción

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Amtega

Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Inicio da tramitación: 22/04/2016

Data da publicación no DOG: 28/09/2016

Obxecto: Establecer o réxime e condicións da infraestrutura de soporte necesaria (canalizacións, rexistros e espazos de reserva) para a posterior colocación do cableado e dos equipamentos e dispositivos que permitan a introdución das funcionalidades propias do Fogar Dixital nas vivendas de nova construción.

No anexo deste decreto establécense as especificacións técnicas mínimas da infraestrutura de soporte necesaria que terán que cumprir as vivendas de nova construción para acadar o nivel mínimo de Fogar Dixital.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 2