Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Inicio da tramitación: 04/03/2016

Data da publicación no DOG: 11/10/2017

Obxecto:

A presente Lei ten por obxecto establecer as normas que garanten a protección e benestar, así como a posesión e tenza responsable, dos animais de compañía, incluíndo os silvestres mantidos en catividade con fins distintos dos produtivos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 229