Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca)

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Inicio da tramitación: 14/05/2015

Data da publicación no DOG: 30/12/2015

Obxecto:

1. Esta orde ten por obxecto establecer unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da Ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído, Cabío e outras zonas) como medida técnica de conservación, prohibíndose a actividade marisqueira nesta zona, na modalidade de marisqueo a flote con vara, entre o 18 de xaneiro e o 11 de marzo de 2016 (ambos incluídos).

2. Tamén é obxecto desta orde establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás persoas armadoras e tripulacións de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade marisqueira.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG