Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 31/08/2015

Data da publicación no DOG: 27/07/2016

Obxecto: O obxecto da norma é regular o uso e acceso á Historia Social Única Electrónica, como sistema para a xestión da información e documentos nos que conteñan datos, valoracións e a información de calquera tipo sobre a situación e a evolución da atención social das persoas usuarias do Sistema Galego de Servizos Sociais ao longo do proceso de intervención.

Na nova norma establecese o seu contido, a responsabilidade da súa elaboración, a custodia e a conservación, a súa xestión, o acceso polos profesionais relacionados co Sistema Galego de Servizos Sociais e polas persoas usuarias, así como a protección dos datos persoais, e as responsabilidades.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG