Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos

L

Ligazóns relacionadas

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 05/06/2015

Data da publicación no DOG: 19/02/2016

Obxecto:

A posta en funcionamento deste Consello de Avaliación Documental é necesaria para decidir sobre a conservación permanente ou a eliminación das series documentais en papel acumuladas nos diferentes arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia e porque a posta en marcha dos sistemas de xestión documental que require o desenvolvemento da administración electrónica esixe, de acordo coa lexislación citada e as normas técnicas internacionais na materia, determinar con antelación á creación de calquera documento administrativo electrónico o seu destino final e os prazos de transferencia, conservación e acceso.

No prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto constituirase o Consello de Avaliación Documental de Galicia. 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG