Decreto 175/2016, do 24 de novembro, polo que se derroga o Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ao persoal estatutario que presta servizos no Servizo Galego de Saúde

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 26/02/2016

Data da publicación no DOG: 15/12/2016

Obxecto: A norma ten por obxecto derrogar o Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ao persoal estatutario que presta servizos no Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de que sexa de aplicación o prazo dun ano fixado na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG