Contratos de xestión e contratos programa

Os contratos de xestión e contratos programa son instrumentos de xestión plurianuais previstos na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia regulou no seu título III o réxime xurídico das entidades instrumentais do sector público autonómico e estableceu os instrumentos de planificación anual e plurianual da actividade das devanditas entidades instrumentais.

En concreto, a devandita lei preveu os seguintes instrumentos de planificación das entidades instrumentais:

  • plans anuais de actuación,
  • plans plurianuais iniciais
  • e contratos de xestión.

A Lei 12/2011, do 26 de decembro, modificou o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, estendendo a posibilidade de asinar contratos programa (que se equiparan ao contratos plurianuais de xestión) a outro tipo de entidades, mencionando de xeito expreso as seguintes:

  • as entidades públicas empresariais,
  • as sociedades mercantís públicas autonómicas,
  • as fundacións do sector público autonómico,
  • os consorcios públicos autonómicos
  • e demais entidades instrumentais do sector público autonómico non recollidas no orzamento consolidado.

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe