Rexistro de entidades do sector público autonómico
A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ten por obxecto regular a organización e o réxime xurídico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico, así como a regulación do exercicio da potestade regulamentaria e do procedemento de elaboración de regulamentos.
As entidades públicas instrumentais dependentes da Administración xeral ou doutras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia organízanse en:
- Entidades públicas instrumentais:
- Organismos autónomos
- Axencias públicas autonómicas
- Entidades públicas empresariais
- Consorcios autonómicos
- Outras entidades instrumentais:
- Sociedades mercantís públicas autonómicas
- Fundacións do sector público autonómico