Orde pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos membros do Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 01/06/2026 - 18/06/2026

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Por orde da Consellería do Mar do 8 de xullo de 2020  foron convocadas as eleccións para a renovación do consello regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia. A toma de posesión dos membros do pleno do consello regulador realizouse o 13 de novembro de 2020.

    De acordo co Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, resulta necesario proceder á convocatoria electoral para a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, co fin de garantir a continuidade institucional e o normal funcionamento da entidade.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A presente norma ten por obxecto posibilitar a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, unha vez rematado o mandato das persoas integrantes do seu Pleno.

    Así mesmo, preténdese garantir a continuidade institucional e o normal funcionamento do Consello Regulador, asegurando a representación democrática dos distintos subsectores inscritos e a adecuada xestión da denominación de orixe protexida.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A aprobación desta orde resulta necesaria para dar cumprimento ao previsto no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, así como no Regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, aprobado pola Orde do 20 de marzo de 2019, no relativo á renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador.

    Polo que respecta á oprtunidade, a convocatoria das eleccións permite garantir o normal funcionamento do Consello Regulador, asegurando a representación democrática dos distintos sectores implicados.

  • Obxectivos:

    O obxecto da orde é convocar as eleccións para a renovación dos membros do Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, así como establecer as normas reguladoras do correspondente proceso electoral.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Non existen alternativas non regulatorias para acadar o obxectivo pretendido, dado que a convocatoria das eleccións e a regulación do proceso electoral do Consello Regulador deben realizarse mediante unha disposición de carácter regulamentario.

    Así mesmo, resulta necesario aprobar unha nova orde que substitúa a Orde do 8 de xullo de 2020, ao tratarse dunha convocatoria electoral referida a un novo proceso de renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia.

  • Rango da norma:

    Orde