-
Antecedentes:
En Galicia a norma de aplicación respecto a este tema é a Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia.
Non obstante, a publicación da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario, e do Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, onde se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión, establecen que a Administración educativa precise certos aspectos para poder organizar a proba no seu territorio.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Adecuar a normativa galega á norma básica establecida no Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Actualización da normativa ao novo marco lexislativo do Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, onde se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión.
-
Obxectivos:
Establecer as características e aspectos, que debe determinar a Administración educativa, relacionados coa proba de acceso ás ensinanzas oficiais de grao nas universidades públicas do ámbito territorial de Galicia para o alumnado que cursa bacharelato, así como os aspectos dos procedementos de admisión que permiten mellorar a nota de admisión na universidades.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Valoráronse distintas alternativas regulatorias e non regulatorias para a aplicación e desenvolvemento da normativa básica estatal reguladora da Proba de Acceso á Universidade (PAU), contida no real decreto estatal de aplicación. En primeiro lugar, analizouse a posibilidade de derrogar integramente a Orde do 24 de marzo de 2011 e aprobar unha nova orde. Non obstante, esta opción descartouse ao considerarse conveniente manter vixentes os capítulos relacionados coa responsabilidade das universidades respectos dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.
Así mesmo, os dous últimos anos empregáronse instrucións para adaptar a organización da proba ás modificacións introducidas pola normativa básica estatal. Esta alternativa considérase insuficiente, dado que o real decreto estatal require un desenvolvemento normativo con rango regulamentario que garanta a adecuada aplicación dos seus preceptos e a necesaria seguridade xurídica.
En consecuencia, considérase que a alternativa máis axeitada é a aprobación dunha nova norma regulamentaria que complete e desenvolva a normativa básica estatal en materia de PAU e que, ao mesmo tempo, derrogue unicamente os aspectos da Orde do 24 de marzo de 2011 actualmente vixente relativos á regulación da proba, mantendo en vigor o articulado sobre admisión universitaria.
-
Rango da norma:
Orde