Antecedentes:
A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, e o seu desenvolvemento mediante o Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional, e o Real decreto 498/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de formación profesional de grao básico e se fixan as súas ensinanzas mínimas, estableceron, entre outras cuestións, os elementos básicos do currículo das distintas ofertas do Sistema de Formación Profesional.
No exercicio das súas competencias, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou o Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
Unha vez definido este marco de ordenación, resulta necesario completar o seu desenvolvemento normativo mediante a aprobación da regulación específica dos currículos dos ciclos formativos de grao básico, correspondentes á oferta de grao D e nivel 1 do Sistema de Formación Profesional, conducentes á obtención do título de Técnico/a Básico, en coherencia coa normativa básica estatal, o Decreto 20/2026 e coas necesidades do tecido produtivo e social de Galicia.