Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 26/03/2026 - 09/04/2026
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, e o seu desenvolvemento mediante o Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, configuraron un novo Sistema de Formación Profesional, establecendo unha nova estrutura das ofertas formativas, así como os principios xerais de acceso e admisión do alumnado ás distintas ensinanzas do sistema.No exercicio das súas competencias, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou o Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
Unha vez definido este marco de ordenación, resulta necesario desenvolver de maneira específica o procedemento de acceso e admisión do alumnado, garantindo a súa adecuación á nova normativa, a igualdade de oportunidades no acceso, a obxectividade do procedemento e a transparencia na asignación de prazas.
Problemas que se pretenden solucionar:
A normativa autonómica vixente en materia de admisión do alumnado ás ensinanzas de formación profesional foi aprobada con anterioridade á entrada en vigor do novo marco normativo estatal e autonómico e non incorpora algúns dos cambios introducidos pola nova normativa.Esta situación dificulta a xestión homoxénea e ordenada do procedemento de admisión, pode dar lugar a diferenzas na aplicación dos criterios de prioridade e a unha falta de homoxeneidade entre centros, afectando á seguridade xurídica do sistema e á igualdade de oportunidades do alumnado.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a Lei orgánica 3/2022 e o Real decreto 659/2023 establecen os principios xerais que deben rexer o acceso e a admisión ás ensinanzas de formación profesional, correspondendo ás administracións educativas o seu desenvolvemento e concreción no ámbito das súas competencias.Unha vez aprobado o marco autonómico polo Decreto 20/2026, resulta necesario e oportuno completar o seu desenvolvemento mediante a aprobación dunha norma específica que regule de forma unificada, clara e coherente o procedemento de acceso e admisión do alumnado.A aprobación desta orde permitirá garantir un procedemento de admisión transparente, obxectivo e homoxéneo, adaptado ás características do sistema educativo galego e á diversidade das ofertas de formación profesional.
Obxectivos:
O proxecto de orde ten como obxectivos:
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non é posible conseguir os obxectivos indicados con solucións alternativas reguladoras e non reguladoras.
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 4