Anteproxecto de lei de aprendizaxe permanente de persoas adultas

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Formación Profesional

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 13/02/2026 - 13/03/2026

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 9/1992, de educación e promoción de adultos leva máis de 30 anos en vigor, polo que resulta precisa a actualización da mesma.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Ata o de agora, a lei centrábase en que as persoas adultas puidesen obter un título de ensinanza básica logo de non logralo nos seus anos de escolarización obrigatoria. Non obstante, a gran maioría da poboación xa está en posesión deste título. Por iso, a futura norma fíxase como obxectivo a formación permanente ao longo da vida, de xeito que unha persoa poida cualificarse, recualificarse e ter así novas oportunidades de traballo.

    A nova lei suporá:

    • Un cambio de paradigma na aprendizaxe de persoas adultas
    • Unha evolución cara a un sistema integrado baseado en catro piares:
      • Aprendizaxe para o desenvolvemento persoal e social
      • Cualificación e recualificación
      • Información e orientación
      • Innovación e formación de formadores/as
  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A realidade actual fai precisa a actualización da lei vixente, para adaptar a formación continua aos cambios sociais, tecnolóxicos, académicos e laborais da actualidade.

    A nova lei diríxese ás persoas de 18 ou máis anos, o que supón que o 60% do total da poboación galega (máis de 1.600.000 persoas) poderá beneficiarse da mesma e terá ao seu alcance accións formativas.

    Con todo, establécense colectivos de atención preferente, en concreto:

    • Grupos en situación de vulnerabilidade
    • Poboación adulta que busca a mellora profesional ou académica
  • Obxectivos:

    • Ofrecer un sistema flexible, accesible e transparente para a totalidade da poboación:
      • Desenvolver a Plataforma Dixital de Aprendizaxe Permanente
      • Reducir a burocracia nos procedementos simplificando a tramitación
    • Impulsar o desenvolvemento persoal e social e o coñecemento da nosa lingua e cultura
    • Posibilitar a alfabetización dixital universal e camiñar cara a transición ecolóxica e dixital:
      • Incorporar a intelixencia artificial na xestión do Sistema Integrado
      • Favorecer o acceso á formación a través de medios dixitais
    • Facilitar o acceso e conexión co mercado laboral a todas as persoas adultas
    • Contribuír á equidade, inclusión e á mellora dunha sociedade en constantes cambios
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Non se atopan outras alternativas posto que se trata de actualizar a lei vixente, dado o tempo transcorrido desde a súa entrada en vigor, fai máis de 30 anos.

  • Rango da norma:

    Lei

Achegas e opinións recibidas: 18