Decreto polo que se aproba o regulamento xeral de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/03/2025 - 28/04/2025

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O 6 de outubro de 2023 entrou en vigor a Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG Núm. 128, do 6 de xullo de 2023). A súa disposición final cuarta autoriza ao Consello da Xunta para ditar as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento regulamentario.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Este decreto pretende elaborar un texto único que actualice e harmonice todas as regulamentacións específicas das diversas modalidades de xogos de ámbito autonómico e que garanta un mellor coñecemento de toda a regulación desta materia, proporcionando seguridade xurídica e claridade na súa interpretación e aplicación, baixo a perspectiva do cumprimento dos principios de simplificación, eficacia e eficiencia administrativa.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Coa entrada en vigor da Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia faise necesario desenvolver as súas previsións, recollendo nun único texto as regulamentacións específicas preexistentes das distintas modalidades de xogo incluídas no Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.

    No momento actual, o sector do xogo en Galicia conta cunha regulación excesivamente dispersa que, así mesmo, foi obxecto de modificacións puntuais posteriores e que prevé formulacións diferentes para aspectos comúns a diversos sectores de xogo. 

    En consecuencia, resulta necesario refundila, harmonizala e actualizala consonte as actuais esixencias normativas e de mercado, co fin de proporcionar maior claridade e seguridade xurídica na súa interpretación e aplicación e procurar a simplificación da súa xestión.

  • Obxectivos:

    Desenvolver a Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a elaboración dun texto único que actualice e harmonice as normas regulamentarias existentes relativas á organización, explotación e práctica das distintas modalidades de xogos de ámbito autonómico.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Ao tratarse do desenvolvemento da referida Lei 3/2023, do 4 de xullo, este debe efectuarse mediante decreto, a fin de dar cumprimento ao previsto na súa disposición final cuarta en canto á habilitación para o seu desenvolvemento regulamentario.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 10