Orde pola que se regula o marcado de ovos

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 27/01/2025 - 10/02/2025

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    No ámbito autonómico non existían normas reguladoras do marcado de ovos, polo que as normas que se aplicaban estaban contidas no Real decreto 372/2003, do 28 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de establecementos de galiñas poñedeiras, e o Real decreto 226/2008, do 15 de febreiro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria de comercialización de ovos, que foron derrogados polo Real decreto 1027/2024, do 8 de outubro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa da Unión Europea de comercialización de ovos.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    O Real decreto 1027/2024, do 8 de outubro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa da Unión Europea de comercialización de ovos establece un novo marco xurídico nesta materia, adaptando a normativa estatal ás disposicións comunitarias. Este Real decreto contempla unha serie de previsións en materia de marcaxe de ovos, de réxime de autorizacións para o marcado e as excepcións e uns sistemas de control que esixen que no ámbito autonómico se regule esta materia atendendo a todas as novidades lexislativas producidas nos últimos anos.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A aprobación da orde é necesaria para a adaptación, no ámbito de Galicia, da regulación ao disposto tanto na normativa comunitaria como na estatal en materia de marcado de ovos.

  • Obxectivos:

    O obxectivo desta orde é dotar dun novo marco xurídico que garanta o exercicio da actividade de comercialización de ovos en Galicia.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A aprobación da orde é o mecanismo xurídico máis axeitado e áxil para contar cun marco xurídico axeitado para o marcado de ovos. 

  • Rango da norma:

    Orde